Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Axenda / Detalles - Curso de construción de palletas e pallóns

EMAIL Imprimir

Axenda

Evento 

Título:
Curso de construción de palletas e pallóns
Cando:
28.02.2015 10.00 h
Onde:
Categoría:
Cursos

Descrición

cartaz curso de construcion de palletas e pallons - copia 2

O vindeiro 28 de febreiro a Asociación de Gaiteiros Galegos a través da Tradescola, organizará unha nova edición do Obradoiro de Construción de Palletas e Pallóns.

Este obradoiro, que impartirá o artesán Pontés Xaime Pena, e que terá lugar na Casa da Cultura do Concello de Pantón, é imprescindible para todas aquelas persoas amantes da  música tradicional e particularmente para os alumnos que se están formando na aprendizaxe da gaita, xa que nesta xornada, poderanse adquirir unhas nocións básicas sobre a construción e a manipulación de palletas e pallóns, as peculiaridades dos materiais cos que se realizan, o trato que se lles debe dar, etc...

 

A Asociación de Gaiteiros Galegos, a través deste curso pretende facer fincapé no coñecemento das palletas e pallóns e a estreita relación que esta actividade ten coa interpretación do instrumento. Pretendemos que este curso sirva de ferramenta para iniciar aos asistentes nun tema que é fundamental para a perpetuación dun dos instrumentos máis emblemáticos da nosa cultura.

 

Datos do obradoiro:

 

Data: 28 de febreiro 2015

 

Lugar: Casa da Cultura do Concello de Pantón (Lugo)

 

Horario: de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas.

 

Inscricións: No tlf: 982229966 ou no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 

Prezo: 20 € (Socios da AGG/ alumnos Tradescola)

 

            25 € Público xeral.

Ubicación

Ubicación
Lugo

Descrición

Sentímolo, pero non hai unha descrición dispoñible