Baile na rúa con Xacarandaina no Día da Danza na Coruña
Xoves, 23 Abril 2015 14:46
A Coruña quere levar ás rúas a celebración do Día Internacional da Danza cun percorrido polas rúas da cidade cargado de baile.
Xacarandaina será o grupo encargado de percorrer as rúas da cidade da Coruña enchéndoas de ritmo e danza. Dende o 1982 cada 29 de abril conmemórase o Día Internacional da Danza e a cidade herculina non quere deixar pasar a data sen pórlle ritmo. Por iso o mércores 29 o grupo tradicional percorrerá a cidade para levar a danza por todos os recunchos. Dende ás 19:00h bailarán ata a Praza de María Pita dende o Parque de Marte pola Praza de España, dende Historiador Vedía por San andrés e dende a Praza de Ourense polos Cantones.
Súmate como espectador en calquera punto do percorrido e celebra ti tamén o Día Internacional da Danza.