V edición das Xornadas de Baile Tradicional - AGG
Xoves, 06 Novembro 2014 11:43
A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza unha nova xornadas para tod@s os amantes do baile tradicional. Será a V edición das Xornadas de Baile Tradicional, e terán lugar o vindeiro sábado 15 de novembro en Santiago de Compostela.
Estas xornadas, que naceron coa intención de cubrir a demanda existente por parte d@s nos@s asociad@s e dun gran público interesado neste aspecto da tradición galega, desenvolveranse no Centro Sociocultural do Castiñeiriño (Virxe de Fátima s/n –
Haberá dous obradoiros:
Ás 10.15 horas: Montse Rivera Crespo
"A Carballesa no Courel"
Ás 12.00 horas : Pablo Díaz Carro
"Maneo en Bergantiños"
As prazas son limitadas. As inscricións deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 (horario de 9.00 a 14.00 horas)
Estas xornadas serán gratuítas para @s soci@s da Asociación de Gaiteiros Galegos e terán un custe de 5€ para non soci@s.
Animádevos a participar!!!