Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Cantigas e Agarimos abre o prazo de matrícula na súa escola para o curso 2014-2015 (Santiago de Compostela)

Cantigas e Agarimos abre o prazo de matrícula na súa escola para o curso 2014-2015 (Santiago de Compostela)

Varios

cantigas e agarimosA Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos comeza hoxe luns día 15 de setembro o prazo de matrícula para o curso 2014-2015.
 O período de inscripcións prolongarase ata o día 26 de setembro.

Cantigas e Agarimos é unha das agrupacións folclóricas máis antigas de Galicia, localizándose en Santiago desde o ano 1921. Centra a súa actividade na recuperación, conservación e transmisión da cultura tradicional galega e, neste sentido, a Escola é unha das súas principais actividades. En funcionamento desde os anos 80, pola Escola de Cantigas teñen pasado centos de alumnos/as de todas as idades, acadando numerosos premios e recoñecementos.


Á parte das materias máis tradicionais como baile, pandeireta, gaita e percusión, Cantigas e Agarimos ofrece aulas de piano, requinta, clarinete, acordeón, solfexo e guitarra dirixidas a todas as idades. Este curso abriranse aulas de materias novas: canto, zanfona, acordeón e violín. Os/as máis pequenos tamén teñen cabida nesta Agrupación, con actividades específicas como presolfexo, música e movemento e iniciación á música e baile tradicional.

Toda a información sobre horarios, grupos, profesores e contidos pode consultarse na web www.cantigaseagarimos.es (sección ESCOLA), nos teléfonos 618 518 524 / 981 939 084, ou no local da Agrupación, situado no antigo CEIP Ramón Cabanillas, rúa Castiñeiriño, 21 en Santiago de Compostela, de luns a venres en horario de 19 a 21 h.