Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / O Memorial Ricardo Portela remata con moi boa acollida na cidade de Pontevedra

O Memorial Ricardo Portela remata con moi boa acollida na cidade de Pontevedra

Varios

publicoO pasado venres e sábado tivo lugar na cidade de Pontevedra o emblemático Memorial Ricardo Portela que a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza coa colaboración do Concello de Pontevedra.

Milleiros de persoas puideron gozar da nosa música nas súas diversas expresións.

Os postos de artesanía de instrumentos tradicionais, nos que atopamos unha representación de 12 artesáns de toda Galicia, quedaron instalados dende o venres na Praza da Ferraría.

A animación de rúa percorreu diversas rúas e prazas da cidade e contou cos grupos Gaiteiros das Rías Baixas, Os Terribles de Arousa, Boudebou e Os Mecos de Ogrobe. No escenario, escoitamos ao Coro Tradicional Cantares do Brión e Abóbriga.

Coma sempre, houbo un recoñecemento ao noso benquerido Ricardo Portela e ademáis nesta ocasión ao Obradoiro García de Riobó, pola súa traxectoria de máis de 200 anos construíndo gaitas.

Un auténtico pracer a celebración deste memorial, toca esperar ata a próxima edición.