XX Aniversario da Mostra de instrumentos de Música Tradicional - Pardiñas 2013
Mércores, 03 Xullo 2013 07:01
Na AGG estamos organizando a Mostra de Instrumentos de Música Tradicional de Pardiñas 2013, que este ano celebra o seu XX aniversario.
Este evento, que constitúe unha das mostras de luthería máis antigas da península e que congrega cada ano a numerosos artesáns do país para mostrar o seu traballo ao público, terá lugar os días 3 e 4 de Agosto, no marco incomparable do Festival de Pardiñas (Guitiriz - Lugo)
En breve amosarémosvos toda a programación, que chegará con moitas novidades!!