
Varios / 16.05.12
Para celebrar o Día das Letras galegas, a Tradescola participará na “Festa das Letras”, un programa de actividades gratuítas e para todos os públicos que organiza a Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, en colaboración coa Vicepresidencia Primeira da Deputación. O venres día 18 esperámoste nos obradoiros de canto e baile tradicional que a Tradescola realizará na Praza de Santa María en Lugo!!!!! Non faltedes!!! Obradoiro de canto tradicional a partir das 17.00 horas. (Impartido por Begoña Lorenzo) Obradoiro de Baile tradicional a partir das 18.00 horas. (Impartido por Xabier Iglesias) Non podedes faltar: papás, mamás, nenos, nenas, amigos....esperámosvos a tod@s para aprender a disfrutar do noso canto e o noso baile.
Varios / 16.05.12
A Plataforma Unitaria Queremos Galego, impulsada e coordinada pola Mesa pola Normalización lingüística ten convocada unha manisfestación para mañá xoves día 17, cuxo lema central será nesta ocasión "Paremos os ataques contra o galego".
A concentración dará comezo as 12 horas na alameda de Compostela.
Dende a AGG animámosvos a que participedes na concentración levando os vosos instrumentos para acompañar o percorrido con música tradicional. Convidamos as socios e socias, grupos, asociacións e demais colectivos e xente relacionada coa música tradicional a facer soar os seus instrumentos na defensa da nosa lingua e a nosa cultura.
Concertos / 15.05.12
O vindeiro venres, 18 de maio, as 21:00 horas Quodlibet (concerto de gaita e piano) estará no Auditorio Municipal de Cangas
O concerto forma parte da xira que están dando polos auditorios de galiza i que desembarca este venres en Cangas. O concerto e o espectáculo PROXECTO MIXTURA , en donde se dan cita a música clasica , tradicional , e contemporanea de autores modernos que agora estan despuntando no mundo da música .